Milleiros de persoas piden «poder vivir en galego sen restriccións»

Baixo o lema «En Galego sen límites», os asistentes reclamaron o seu dereito a «vivir con normalidade» empregando a lingua propia de Galicia

Los manifestantes, congregados ayer en la Praza da Quintana EFE

D. G.

Milleiros de persoas percorreron onte as rúas de Santiago na tradicional manifestación convocada cada 17 de maio pola plataforma Queremos Galego. Baixo o lema «En Galego sen límites», os asistentes reclamaron o seu dereito a «vivir con normalidade» empregando a lingua propia de Galicia «sen restriccións» no seu día a día. A marcha estivo encabezada por unha pancarta da plataforma convocante portada por representantes das distintas entidades integradas na mesma, como o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, ou Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüistica. Este último reivindicou ao inicio da protesta o dereito a poder vivir en galego sen ningún tipo de traba e denunciou que a día de hoxe existen dificultades en asuntos tan cotiáns como «abrir unha conta bancaria en galego» .

A convocatoria foi secundada, ademais, por representantes de formacións políticas como o BNG, En Marea, PSdeG ou Esquerda Unida. En declaracións aos medios, o portavoz de En Marea, Luís Villares , reivindicou que a sociedade «quere vivir en galego sen límites» e «con normalidade» e criticou que a día de hoxe «se segue prohibindo que as matemáticas se impartan en galego» , lanzando «unha mensaxe» de que o idioma «non é hábil para vivir todas as facetas da vida». Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou que se trata dunha marcha «importante para o futuro» do país e do idioma. Así mesmo, lanzou unha mensaxe «de optimismo» ao contemplar a «milleiros de galegos e galegas reunidos en Compostela para reivindicar o idioma» e realizou «un chamamento á mocidade para que sexa protagonista da rebeldía» a favor da lingua. «É unha lingua útil, moderna e fainos estar no mundo con voz propia, con personalidade e ábrenos as portas a miles de persoas», recalcou.

Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación