17 de maio - Día das letras galegas

Manuel María, o poeta do verbo combativo

O Día das Letras Galegas recorda ao rapaz chairego sempre fiel ás súas raíces

M. M

P. ABET

«Escribín por un irreprimíbel afán de comunicación cos meus semellantes, e por gañarlle un mínimo espacio á morte. A palabra falada lévaa o vento. A que se escribe, anque non se lea nunca, permanece viva mentres se conserve no soporte que a contén ». Con estas palabras iniciaba o poeta Manuel María (1929-2004) o seu discurso de entrada na Real Academia Galega, en febreiro do ano 2003. Un texto cargado de sentimento e das referencias literarias que María convertíu en chanzos para chegar ao máis alto da literatura en lingua galega. Bo chairego e bo conversador, a produción deste rapaz nado en Outeiro de Rei iníciase nos anos cincuenta cos seus primeiros poemas. Con vinte anos, estas pezas amárranse ao existencialismo. Era a época na que o autor ao que este año se lle adica o Día das Letras Galegas comezaba a entaboar contacto con Luís Pimentel e con outros habituais dos encontros do Cantón Bar.

Fillo de labregos, o interese pola palabra provén no caso de Manuel María das ensinanzas que lle chegaron da man do seu mestre de Literatura, Lázaro Montero . Tempo antes e trala morte de seu pai, o seu tío e párroco de San Froilán abriríalle as portas da intelectualidade poñendo ao seu dispor unha biblioteca na que a semente xerminou. Íntimo de Uxío Novoneyra , Manuel María describíuse a sí mesmo na derradeira etapa da súa vida coma un autodidacta que tiña «pouquísimo ou nada» que achegar a unha institución como a RAG. Lonxe da súa humildade, o verbo deste autor destaca na historia literaria de Galicia pola súa calidade e forza combativa e tamén pola súa capacidade para describir e recoller a esencia das paisaxes que o rodeaban. Boa proba deste saber facer é o volume Terra Chá , que viu a luz en 1954 e puxo fin á etapa máis existencialista. Para Manuel María, a paisaxe era tal e como deixou dito o profesor Río Barja unha das íntimas características da fotografía chairega que él quixo captar. Unha visión que o poeta entendía coma «delicadamente feminina e mesmo maternal» e que pode rastrexarse, latente, en toda a súa produción.

O forte compromiso social e político que marcou parte da dúa carreira como escritor enraizaría en Manuel María na época dos anos sesenta. Militante da UPG, publicaría baixo o selo de Edicións Xintral xunto a outras recoñecidas firmas como a de Xosé Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana , ou Bernardino Graña . O poeta, moi vencellado ao nacionalismo durante a década dos sesenta e dos setenta, chegou a ser concelleiro en Monforte, pero a mediados dos años oitenta decantouse por abandonar a vida política e centrarse de novo na súa escrita. Dese tempo son publicacións coma As lúcidas lúas do outono (1988), os Sonetos do Val do Quiroga (1988) ou Saturno (1989). Dense a súa casa de Coruña, Manuel María daría forma e contido aos seus últimos textos, que foron vendo a luz ao mesmo ritmo que nas décadas anteriores ata que no 2004, publicada a súa derradeira obra Camiños de luz e sombra (2000), faleceu.

Doce anos despois da súa despedida, os versos do poeta de Outeiro de Rei resoarán de novo na terra na que a semente da súa paixón polas letras se sementou. Será nunha sesión extraordinaria que a RAG celebrará na casa museo do poeta, coñecida como a Casa das Hortas. A cita co recordo do autor terá lugar hoxe e servirá para rendirlle homenaxe ao a María a través das verbas de tres académicos que tomarán a palabra para retratar a vida deste prolífico literato. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega celebrará o Día das Letras co seu tradicional concerto, a cargo do grupo Milladoiro, que poñerá música aos textos do poeta lucense canda outras pezas da emblemática formación, nun formato no que tamén haberá espazo para a danza.

No Gaiás, celebrarase un homenaxe cidadán a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe a lectura de poemas, música en directo, vídeo creacións e ata un obradoiro de rap. Ademáis, o arquivo da Cidade da Cultura acollerá un taller de poesía no que os asistentes poderán inspirarse nos versos do autor lucense para deseñar as súas propias creacións e amosalas ao público asistente.

A vocación que o rapaz de Outeiro de Rei transformou en historia das letras en lingua galega dará hoxe sentido a un dos pensamentos que Manuel María confesou pouco antes de morrer, balance dunha vida adicada á poesía. «Nos anos da adolescencia e da mocidade coidei que era poeta. Conforme foi pasando o tempo, entráronme dúbidas. O número de versificadores é infindo. Os auténticos poetas, moi escasos. Sospeito que ao longo da miña vida houbo algún intre no que quizais rocei o milagre poético . Quizais. Non podo afirmalo. Ao peor todo foi un espellismo».

Noticias relacionadas

Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación